Counterpart ★★★★☆ (2 sesións de 10 episodios)
Vale, non é alemá pero desenrólase en Berlín. Unha de espías e viaxes no tempo. Os protagonistas espíanse a eles propios na mesma cidade en distintos "intres". Normalmente cando os audiovisuais xogan co tempo -non o meteorolóxico- acaban por estamparse tarde ou cedo e o espectador sempre fica con esa espina cravadiña. Non é o caso de Counterpart, a primeira que vexo que sae indemne desa tesitura.
Bad Banks ★★★☆☆ (2 sesións de 6 episodios)
Esta si é alemá. Protagonizada por unha "loba de Wall Street" pero non en Wall Street, obviamente. Se cadra aínda máis desquiciada e arroutada que o lobo, enleando os compañeiros dun choio e malas prácticas que nin eles mesmos entenden ben nin en que pode rematar. O tema "económico" pode non resultar atrainte de primeiras mais o drama que o rodea si é ben interesante.
Oktoberfest: Beer and Blood ★★★★☆ (1 sesión de 6 episodios)
Pois dito está todo: cervexa e sangue a esgalla na Oktoberfest de principios de século onde afacerse cunha das casetas ía máis alá de pasar pola poxa. Off-topic: o maxín non pode evitar facer un transvase desta historia á das casetas do polbo do San Froilán e algún dos "elementos" que por alí flutúan.
Sløborn ★★★☆☆ (1 sesión de 8 episodios)
Desde Dinamarca nos chega a pandemia feita serie antes da pandemia. Faltábanos o toque de queda para que a realidade se parecese aínda máis e, se cadra, podemos acabar como no filme. Ou peor, camiño levamos. Traballazo que se marca a alemá Emily Kusche no papel da rapaza protagonista.
Comments
No comments yet. Be the first to react!