Exercicios simples, cortos e intensos que podes facer en 4 minutos e sen equipamento especial.
Que é TABATA?
Da wikipedia
un tipo de adestramento de alta intensidade e curta duración con períodos aínda máis curtos de recuperación entre as repeticións.
obxetivo
obter os beneficios para a saúde e de mellora da capacidade física con só uns minutos de exercicio ao día, con só catro minutos!! (atendendo a unha mellora do valor VO2max.)
Estudo Orixinal, pdf, por Department of Physiology and Biomechanics, National Institute of Fitness and Sports, Shiromizu-cho 1, Kanoya City, Kagoshima Prefecture,891-23 JAPAN
TABATA básico, app android.
Exemplo
Aínda que os exercicios débense realizar con moita intensidade/vigor, podemos ir incrementándoa pouco a pouco para que o corpo se afaga a este tipo de exercicio. É posible que a primeira vez que o intentes non sexas capaz de completalo (depende do tipo/s de exercicio que fagas).
- tras un par de minutos de activación/movemento e concentración na tarefa a realizar
- comezas con 20 segundos realizando o exercio escollido a un ritmo alto pero sostible durante ese período de tempo
- xusto ao rematar comezan os 10 segundos de recuperación onde non fas nada, só respirar e manter a concentración.
- outros 20 segundos comezan a contar, seguidos dun descanso de 10 segundos.
- así ata completar un total de 8 ciclos de exercicio/recuperación. Total: 4 minutos.
qué "exercicios"
prácticamente calquera
- plancha horizontal, saltar a corda, skipping, flexións, sentadilla (total/parcial con e sen peso), mountain climbers, burpees (con xeito), ...you name it.
ou calquera combinación deles. Podes un día facer un tipo de exercicio; unha semana concentrarte e fortalecer os brazos; outros a explosividade; etc.
Varios TABATAs seguidos
podes realizar cantas repeticións che pida o corpo, pero máis importante que facer máis repeticións é aumentar a intensidade de cada exercicio se atendemos aos datos do estudo, ben aumentando a velocidade (mantendo boa técnica), ben engadindo pesos, saltando máis alto, utilizando só unha man, etc. De ahí que mellor comeza con algo suave, pero que poidas realizar sen problemas e ir avanzando hacia cousas máis intensas como por exemplo facer burpees.
Aplicacións
Para axudarche a ser estrita cos tempos de exercicio e recuperación existen aplicacións con temporizadores configurables.
- Android: en f-droid hai varios timers, eu puxen Interval Timer (quitandolle as alarmas sonoras).
ou directamente nunha web
- https://tabata-timer.com/ que podes abrir no tablet/ordenador/móbil, igualmente configurable.
Aproveita estos días de dificultade social para incluír esta pequena rutina na túa vida e mellorar a saúde. Comeza con un exercicio simple (media sentadilla/half squat) pero que poidas completar os catro minutos e despois vai engadindo dificultade.
Ready!?
Intenta seguirlle o ritmo aquí a Heather
do artigo.
Os vídeos están ligados a fonte orixinal que ten os dereitos.
Comments
October 4, 2022 08:32
Your writings and news are wordle online really interesting to me. There are numerous advantages to the contents. Thank you so much.
December 7, 2022 10:28
vikola
This is an excellent post I seen thanks to share it. It is really what I wanted to see hope in future you will continue for sharing such a excellent post. quordle