Autor: Claudio Amodeo.
Sinopse
Siete relatos fantásticos, escritos a lo largo de la última década que buscan inquietar al lector y transportarlo a un mundo distinto, donde la realidad se encuentra trastocada, deformada y por momentos, irreconocible. Siete relatos atravesados por una inquietud latente y perturbadora: la posibilidad del fin del mundo. Siete relatos reconocidos por su calidad literaria y galardonados en diferentes certámenes españoles, como el premio Alberto Magno de la UPV, el premio Domingo Santos o el certamen Terbi de Relato Fantástico, entre otros.
Siete relatos sobre el amor y el fin del mundo:
-
Cuatro monedas y el fin del mundo, ganador del premio Terbi 2017
-
Todos aman a Gupta, finalista del premio Avalón 2012 y Domingo Santos 2013
-
Las invasiones concéntricas, finalista del premio Alberto Magno 2011
-
La imposible mujer menguante y Huevo de Pascua, ambos publicados en Visiones 2008 y 2015, respectivamente
-
Partículas, finalista del premio Cryptonomikon 3
-
O de Orange, finalista del premio CifiCom 2016
Fonte: Lektu
Recopilando
O subtítulo de "...y el fin del mundo" semella un engadido publicitario, como para chamar a atención. O do "amor" dáse por suposto que é así 😉
O anterior só é unha maldade, pois nos relatos certamente abundan as relacións personais que ligan aos personaxes dentro de cada relato. Estas relacións poden definirse como amor en moitos casos. Mais a apelación ao fin do mundo paréceme un pouco máis fóra de lugar, sendo só unha referencia ocasional e hipotética. Quizás se entenda fin do mundo como unha metáfora respecto a un momento de forte cambio vital, un momento de crise como digo abaixo.
As sete historias son independentes entre si, escritas durante unha década (como di na sinopse) e teñen en común o xeito en que se coloca aos personaxes en situacións fronteirizas. A fronteira pode ser entre a vida e a morte, nun camiño de ida e volta, ou ben no momento dun salto tecnolóxico importante no eido da AI cando non un espazo-tempo pouco convencional. Describen uns períodos de crise, entendido en amplo sentido.
Este formato é moi acaído, útil para presentar unha trama a desenvolver en pouco tempo (poucas páxinas) ao mesmo tempo que o tema subxacente da sentido e forma ao que acontece. Tras cada relato o autor escribe unhas letras explicando o concepto que intentou transmitir na obra así como o xeito en que xurdiu a idea para escribirlos.
Como pode parecer normal a min gustáronme uns máis que outros, pero recoñezo que o desfrutei máis do que agardaba (prexucios meus).
Photo superior: by Adrian Dascal on Unsplash
Comments
No comments yet. Be the first to react!