En 2020…
en comparación con 2019 este 2020 dediquei moitas máis horas a facer actividades deportivas.
unha ollada ós datos
totalizados
ano | tempo | distancia | núm. actividades(*) |
---|---|---|---|
2020 | 393h. | 6623km. | 403 |
2019 | 316h. | 5007km. | 284 |
(*) inclúe carreira, ciclismo, SUP, paseos, ximnasia, …
por tipo de actividade
ano/act. | correr | ciclismo | SUP | andar |
---|---|---|---|---|
2020 | 1.713,24 km | 4.756,60 km | 14,73km | 119,77km |
2019 | 1.753,93 km | 3.209,31 km | 9,02km | 51,78km |
Nos meses de marzo e abril hai un notable incremento do ciclismo, debido ó confinamento tras a chegada do virus causante da covid19. Grazas ó rodillo puiden manter a actividade (afortunadamente) e o pico de decembro débese principalmente a que fai frío e chove 😃 Pola contra, en agosto puiden desfrutar da bicicleta ó aire libre.
Os datos da carreira a pé son moi similares ó ano pasado, e creo que tendo en conta que só participei en tres carreiras populares (previas á pandemia) falan ben sobre a miña afición a correr, máis alá da motivación que supoñen estos eventos.
Saúde
- non pillei o bicho (que eu saiba) 🤞
- non pillei gripes nin catarros (ver a gráfica semanal da consistencia) 🎉
- os NSAIDs seguen baixando 😃
- na análise do sangue non había cousas raras
- raro foi o día en que apetecéndome non puiden facer exercicio 🎉 😃
Non ir a competencias nin prepararse para elas quitoulle moito estrés ó corpo e, unido á baixa intensidade media das actividades (pulso 134 vs. 123) resultou, probablemente, nun mellor estado de saúde. Subxetivamente tamén podo dicir que houbo menos días en que me sentía cansado ou baixo de enerxía para o día a día.
A alimentación foi igual á do ano pasado (e o peso tamén) aínda que nos últimos meses quiteime de comer de xeito activo graxas saturadas (das boas) e notouse no colesterol total. Non me preocupaba, pois as proporcións eran moi boas e os triglicéridos moi baixos, pero así está en niveis máis próximos ós que se consideran desexables.
De hoxe un ano!
Comments
No comments yet. Be the first to react!