Monte Louro ao fondo desde o alto. Fotografía Mara G. (Strava)
Onte a visita foi a Portosín, no concello de Porto do Son, para subir a un dos montes que forman a península do Barbanza e que tantas veces visitamos.
En esta ocasión as vistas eran ao Norte, a ría de Muros/Noia con ocasión do Trail Xtosín pertencente ao trailseries.run. Quizás non che guste ou non poidas correr, pero se queres coñecer a zona ao teu ritmo con unha actividade saudable como andar, o concello proponche desfrutar con roteiros de diferente dificultade técnica e física
Ruta
Saíndo do porto da vila fomos un par de quilómetros ao longo do mar, incluso por dentro do mar, cruzamos a estrada xeral e comezamos unha subida suave ata que no quilómetro 6,5 comezaba a subida empinada de verdade.
Despois a tirarse para abaixo, por zonas con moita pedra solta, seguindo un rego con lousas esvaradías, e chegada directamente ao centro da vila e o porto.
Perfil da proba
patapúm parriba e baixada.
A carreira
Hoxe non levei o móbil de facer fotos, así que directamente roubolle un par de fotos a compañeira Mara G. para ilustrar o artigo
Ría de Muros-Noia, desde o alto. Fotografía Mara G. (Strava)
Sabes que chegas ao alto e debes deterte un momento a desfrutar, a ser consciente (mindfulness?) de onde estás e da sorte que tes de poder realizar esa actividade.
No meu caso particular a carreira tiña previsto facela a ritmo algo forte pois é bastante corta. A semana pasada fixen un bo adestramento longo ao xeito do corpo e esta aproveitei a carreira para facer un adestramento de intensidade.
Con todo, saín atrás de todo e con xeito para non atufarme de inicio e só despois de cruzar a estrada comecei a subir a intensidade un punto. No tramo con máis desnivel (do km 7 ao 9) case todo era de andar, pero púxenlle interese en dar boas zancadas e para aprender tamén a avanzar en esta situación.
O terreo estaba complicado sobre todo cando subimos polo cauce dun regueiro seco con grandes pedras e lousas; había algún tramo de carballeira empinada co terreo algo enlamado onde se esbaraba e había que agarrarse coas mans ao que podías. Así chegabas ao alto e rápidamente para abaixo.
Aquí foi onde tiven algo máis de dificultade, pois era moi empinada e rápida, pero tendo forza e técnica podíase correr. Lamentablemente carezo das dúas :D polo que fun con xeitiño de non deixar un nocello ou os dentes nun croio. En realidade non era complicado baixar, só que se querías arriscar podías gañar moito tempo.
A media ladeira voltanmos a seguir o cauce dun regueiro (este si con auga) e de súpeto xa estabas na vila e directos a meta.
Conclusión.
Pasámolo ben pois o día ameazaba choiva e bastante fresco, pero quedou unha mañán de sol con algunha nube e temperatura fresca pero agradable (fun con camiseta de tiras). Cheguei san a meta, non me pasei de voltas co esforzo nin afuciñei, así que qué máis pedir.
As sensacións foron as previstas, non corrín máis porque non hai máis :D Esta carreira veume ben, así podo distinguir (comparando co domingo pasado) os diferentes ritmos para estar un par de horas correndo ou para estar catro.
Compartín viaxe con Antón, que tamén lle foi ben e chegamos case xuntos.
Cartaz da carreira
Comments
April 29, 2024 13:59
Whoa! Precisely what a close look opener this specific article have been to me. A lot loved, added, My spouse and i can’t loose time waiting for additional! посетете следната уеб страница
February 27, 2024 12:50
Local Service Company
February 27, 2024 12:50
I’ve lately began the weblog, the data a person supply on this website offers assisted me personally significantly. Many thanks with regard to all your period & function. Local Service Company
February 27, 2024 13:49
As i pleased considering the studies one which is designed to get this individual print remarkable. Splendid actions! Online Türkei Visum aus Kambodscha
February 27, 2024 13:52
As i pleased considering the studies one which is designed to get this individual print remarkable. Splendid actions! Online Türkei Visum aus Kambodscha
March 2, 2024 13:09
Thank you so much as you have been willing to share information with us. We will forever admire all you have done here because you have made my work as easy as ABC. Click Here
March 3, 2024 08:57
Today, I was just browsing along and came upon your blog. Just wanted to say good blog and this article helped me a lot, due to which I have found exactly I was looking. Bathroom Remodeling
March 4, 2024 08:51
Great job for publishing such a beneficial web site. Your web log isn’t only useful but it is additionally really creative too. There tend to be not many people who can certainly write not so simple posts that artistically. Continue the nice writing COMMERCIAL HOOD CLEANING IN NY