VIII Maratón Atlántica 👣 (DNF)

e lojo qué che pasou?

DNF?

Non me pasou nada, só que non fun quen de rematar a carreira sen arriscar a saúde.

Sen excusas, nin peros. Era optimista pero sabía que habería complicacións.

We've got to try!

we've got to try

I Know we can make it girl, 
Yes I know we can make it girl,
If we just try, We’ve got to try, 
Got to find a way to me baby! 

...if I just try...

levo anos correndo descalzo, varias medias maratóns, teño o adestramento feito para 5 ou 6 horas correndo polo monte ... xa postos, vou correr un maratón, descalzo, qué pode fallar!?

Pois fallou o básico: ter os pes afeitos a correr descalzos, en asfalto algo aberto, durante unhas 4 horas. E algo máis.

Contexto

Levo desde principios de ano adestrando para agora en estos dous ou tres meses estar en condicións de correr polo monte e desfrutando. Como mostra de esta condición hai cinco semanas fixen case corenta quilómetros polo monte, e hai só quince días fixen trinta e cinco correndo coas fivefingers pola carretera a un ritmo semellante ao que prentendía no maratón. Sen problemas.

Creo que por falta de fondo físico non foi. Por comer mellor ou peor ou por descansar máis ou menos tampouco, xa que para ben ou para mal non cambiou nada nos últimos meses.

Levo uns sete anos que comecei a correr descalzo, sen lesións nin problemas, e puiden participar en varias medias maratóns sen ningún problema. A última en novembro, conste.

Qué pode fallar!?

A razón fundamental para non poder rematar foi que nunca correra máis de dúas horas descalzo e onte intentei correr catro.

Se algunha vez correches ou andiveches en bicicleta, pensa na maior distancia/tempo que fixeches, e multiplícaa por dous. Pois eso.

Como segundo factor estaba o tipo de asfalto. Algunhas compañeiras de CorrerEnGalicia xa me avisaran de que o asfalto na zona Oza-Mordor estaba bastante roto e sucio e que ía ser difícil pasar por alí. Pero a xente é moi esaxerada (pensei eu 😂).

Así postos decidín aproveitar a condición física e intentalo. A correr!

saída do maratón

o plan

Se había algún concreto era saír a ritmo sostible (o que xa probara con éxito indo calzado) e desfrutar do día simplemente rematando. Se fose posible, facer menos de catro horas.

Había plan B, levei a mochila ao lombo para en caso preciso calzarme e rematar a carreira de xeito digno e sen mancarme. Esto tiñao claro, o de ir con sentidiño, que mañán hai que erguerse as 6 outra vez.

Correndo

O día estaba perfecto para correr. Uns 14ºC na hora da saída, un vento moi frouxo e sen chuvia, polo que os pés tiñan a temperatura perfecta para non estar demasiado fríos pola auga e non sentir cómo pisas, e tampouco demasiada temperatura e abrasarte.

Chegas (tarde e correndo!), pillar dorsal, deixar a mochila, saúdas a un par de persoas e case sen darme conta xa estaba correndo.

Moi fácil, moi agradable, pasandoo moi ben. En este punto podes sentir envexa :D porque realmente é moi agradable correr ao xeito do corpo, ir falando cos compañeiros, dando e recibindo palabras de recoñecemento polo que estamos a facer. Compartimos a experiencia.

Se en algo me concentraba era en ir estudando o asfalto. Non vou entrar aquí a analizar o tipo de asfalto que ve un corredor descalzo. Debe ser como os galegos que distinguen quince tipos de chuvia diferentes cando un de secano só ve auga.

O problema co asfalto chegaba uns 200 m. antes do control de tempos situado debaixo do viaducto previo a entrar na área portuaria. Non me preguntes a rúa. Nin idea. Esos 200m. eran terribles, con moito o peor do circuito, pero a primeira vez que pasei pensei que non me vou queixar por 200m chungos. Despois viñan outros 200m. bastante malos e xa se entraba na zona de Oza.

Alí era o que cabía agardar: mal, pero con parches de asfalto algo lisos podía ir facendo eses e librar o peor, podía tamén pisar a sinalización pintada no chan que sempre alivia un pouco, podía con maior frecuencia de zancada, podía ... aguantar e saír de alí sen pensar moito na molestia.

Ao saír de alí os pes recibían unha vida nova. Outra vez voltaba a adiantar a xente simplemente indo ao ritmo, sen forzar nada e facendo quilómetros.

A segunda volta comeceina con moi ánimo e coa lección aprendida de onde podía correr a gusto e onde tocaba sufrir. Nada que reseñar en este aspecto, fun facendo camiño con moita moral ate o final da volta.

O ritmo que levaba era perfecto segundo o plan

1. volta 1 	5:26/km  	1:15:34
2. volta 2 	5:42/km  	1:19:11

Tiña uns catro ou cinco minutos de marxe e correndo ben.

O segundo paso por Oza foi doloroso, aguantando, pero doloroso. Aquí xa podes sentir o karma traballando tras sentir envexa máis arriba :D

No último quilómetro da segunda volta había que dar a volta a un edificio e ahí comencei a notar que a cousa estaba complicada. Por ahí xa van uns 28km (aprox.) e achegándome as tres horas (aprox.) e esto estaba moito máis aló do que nunca tivera feito. Visto a posteriori creo que ten mérito ter chegado alí con cero problemas.

Pero ahí pillei unha pequena zona con gravilla, asfalto roto (100m.?) e notei cómo me ardían os pes e cómo tiña que pisar de xeito diferente para poder seguir adiante. Ademáis, como é lóxico, comezaba a cansarme. Estaba lonxe de sentirme asfixiado ou sen forzas, pero pouco despois ao coller camiño dirección Torre de Hércules, en subida, non atopaba alivio en ningún tipo de asfalto ou superficie. A sensación era de ter os pes machacados, trillados, e só puiden atopar algo de alivio correndo pola herba da mediana da rúa. Pequenos tramiños que resultaban un alivio moi grande. Alí notaba que podía correr, ou cando menos trotar, con relativa normalidade, mais só eran uns metros ate que por algún obstáculo tiña que baixar a ese asfalto que na primeira volta desfrutei casi pasando sen sentilo e agora facía que cada paso fose un inferno. Vale, un inferno non, só unha dor jodida. Pero haille que dar épica ao relato.

Retomando a situación dicir que cheguei ate o Playa Club (?) nese plan, pero xa desde a rotonda de volta sabía que non ía poder rematar descalzo e só era cuestión de tempo saber cando me ía calzar. Funme mentalizando da pequena derrota moral, asumir a situación e chegar a meta dignamente. De ningún xeito ía pasar de novo polo tramo de Oza descalzo. Andar non era a solución, non tiña sentido facer un maratón andando 10km. Entendo que calquera o faga, que atope a motivación de rematar así, pero eu non lle atopaba sentido (como se verá).

No momento de determe a por as zapatillas estos eran os datos.

1 	33.79 km 	3:14:23 	5:45 /km

No seguinte gráfico vese o constante e regular que fun ate o km28; cómo comecei a ir máis lento e a unha cadencia irregular de forma crecente ate o parón no 33.

gráfico strava

Abandono

Cando se comeza a subir hacia Riazor parei, senteime na beirarrúa e calcei o pés. Joder! non estaba nin cansado (relativamente), senteime e tan pancho, simplemente deixando de machacar os pés parecíame imposible non poder seguir correndo. Púxenme en pé, mochila ao lombo e a correr... se puidese. Meter os pés nas zapatillas quitoume o contacto directo co asfalto, mais ese NON ERA O PROBLEMA. Xa había uns minutos, coa dor, veume o temor de se estaría esfolando os pés, preguntándome se iría deixando un regueiro de sangue (outro detalle épico ao relato), o certo é que non me atrevía a mirar os pes temendo o peor. Esto en serio.

Nada máis lonxe da realidade. Non tiña unha rozadura, unha esfoladura, unha pinga de sangue nin moratón, o que tiña era os pés machacados. Punto.

Por eso unha vez calzado o alivio foi mínimo pois non era pola superficie sobre a que corría e tanto desfrutara na primeira volta, o problema eran os meus pés que non podían máis. Coitadiños :( o traballo que lle puxen.

Intentei seguir ate o avituallamento próximo andando, beber algo e ao dar a volta no estadio voltar a correr. Pero era inútil, xa o corpo de abandonara e non era quen de voltar a correr. Os abductores parecía que se ían romper, os xeonllos queixábanse, foron varios quilómetros correndo mal, coa técnica incorrecta intentando compensar a dor, e tras parar, calzarme e andar un anaco xa non tiven motivación para seguir correndo. Non tiña un propósito que me fixeche aguantar aquelo. Moi ao contrario, pensei en todas as carreiras nas que podo desfrutar nas vindeiras semanas.

Arrinquei o dorsal e púxenme a andar de volta a meta, animando e sendo animado.

Correr un maratón é moi complicado e duro, que merece respeto. Estivo ben lembrar algo que xa sabía e quizáis tomara un pouco a lixeira.

un recordo

...grazas a Correr En Galicia

me me me