Soy Pilgrim - Terry Hayes

"Soy Pilgrim y he venido a salvaros".

Título: Soy Pilgrim (I am Pilgrim - 2013)

Autor: Terry Hayes

imaxe portada na wikipedia

foto portada, wikipedia.

Novela Top

Unha novela de 800 páxinas. E lina enteira. Así que algo bo terá, non?. A verdade é que teño que pensalo moito para atopar algo que me explique cómo estiven lendo esta historia na últimas semanas.

Resumindo a historia o asunto é que un super espía de unha axencia gubernamental super segreda e sen nome (sic) medio retírase pero vaite que resulta que unha persoa con un propósito na vida e coa axuda do seu deus intentará levar a fin dito propósito. Este home é moi listo e ten un plan moi chulo e superdetallado para acabar polas bravas coa orde mundial establecida. Cal é o método? Acabar con Goliat cunha certeira pedrada.

Aquí o noso heróe (sic) é novamente reclutado para evitalo.

Cons

Case todo en esta novela é falso. Pero se é unha novela!!, vexo que clamas. Certo, pero escribir unha novela (un artificio, unha invención) tamén ten as súas regras, hai un pacto de verosimilitude con quen lé, e esta novela recurre a canto truco barato ten a súa disposición un novelista. A trama está chea de trampas argumentais, de saltos (ilóxicos) na lóxica deductiva do protagonista, tanto él como a súa némese toman decisións que son tan aparentemente ilóxicas que o autor precisa explicalas utilizando a xustificación de que "son acertadas por uns acontecementos que sucederán 200 páxinas máis adiante e que agora non pode contarnos pero que tranquilos que xa veredes que listo é".

Un problema importante, na miña opinión, é o etnocentrismo que supura esta novela. O problema non é que o protagonista (un soldado usamericano) nos conte en primeira persoa a historia e, polo tanto, coñecemos a súa versión dos sucesos, se non que coñecemos dos outros personaxes a través de el. Se imaxinas a este protagonista disfrazado de Capitán América non desentonaría en absoluto. Algún matiz de un Batman, así atormentado, un algo de Rambo... Qué dicir do presidente dos EEUU, ou ese director da CIA, ... máis edulcorado é imposible. Pero imposible imposible.

Pros

Pódese ler co cerebro desconectado, dous párrafos agora, tres capítulos dentro dun anaco, cincuenta páxinas de un tirón, ... que máis da!? si total o esforzo intelectual é nulo, os personaxes son esterotipos cento por cento, as frases teñen unha sintaxe propia do Marca, as metáforas sustitúense por comparacións, etc etc etc. Unha novela perfecta para ler cando non podes ter moita concentración.

Ten unha frase boa (unha) e por riba resulta que... é unha cita!

Entretemento simple, un chanzo por enrriba de mirar o whastapp.

Se alguén te ve ler un libro igual pensa que eres un intelectual ou algo, nunca se sabe quen pode estar mirando.

Sinopse

Copiado da wikipedia

"Pilgrim" is an American former intelligence agent known as the "Rider of the Blue" who later writes a book on forensic pathology. Pilgrim becomes involved in a case in New York City where a mysterious woman uses his book to commit untraceable murders in the aftermath of 9/11. The "Saracen" is a Saudi who becomes radicalised by watching his father's beheading. He later trains as a doctor and fights in the Soviet–Afghan War. Pilgrim is recalled to the intelligence community who have detected a threat involving the Saracen, who has created a vaccine-resistant strain of the variola major virus.

Esto que escribo só é unha opinión, non pretendo ter razón.