I Trail do Románico
en Santiago de Breixa, Silleda.
corrín coas sandalias
Unha das razóns polas que vou a carreiras populares é porque me permite coñecer lugares que de outro xeito sería moi improbable que coñecese. Na comarca do Deza, a carón de Silleda e non lonxe de Vilatuxe, atópase o lugar de Santiago de Breixa, unha pequena parroquia coa súa igrexa do século XIII e que servía de inicio e fin de este "trail".
Podes coñecer mellor a zona do tral visitando esta ligazón ao blog masrutasymenosrutinas (fonte da imaxe)
Para os puristas esta carreira entra con dificultade na categoría de trail, pois hai moito camiño asfaltado e pista de monte, pero eu creo que a vocación da proba é ser un trail. Hai uns quilómetros que salvar desde Santiago de Breixa ate o Mosteiro de Carboeiro e a fervenza do Toxa (os principais reclamos turísticos que querían por en valor), e nesta primeira edición fixeron un recorrido accesible a calquera persoa minimamente preparada sen precisar altas capacidades técnicas.
Esto permite que todo o mundo poida desfrutar da carreira e ao mesmo tempo aprender a correr este tipo de probas (hai xente que lle da medo).
Supoño, esto é suposición miña, que en próximas edicións (se as houbese), intentarán minimizar esas partes "aburridas" que son necesarias para unir os tramos utilizando carreiros novos e pistas. Mais esto é un traballo importante de limpeza e mantemento do camiños, sinalización e seguridade, sempre hai que respetar a organización das probas e valorar o esforzo feito.
O perfil é bastante simple, baixar ate o río Toxa, cruzar o Deza e voltar a subir a meta. A subida con máis desnivel estaba nas inmediacións do Mosteiro, o resto era bastante corrible.
A carreira
no aspecto persoal vin coñecer a zona e espabilar un pouco o corpo e a cabeza (pois estou en plan relax), pero ademáis tiñan organizada unha andaina de 8km para visitar o Mosteiro pasando por varias igrexas da zona (de ahí o nome do trail) e aproveitamos para vir varias persoas.
As andainas son un complemento perfecto para as carreiras, pois permiten a persoas minimamente preparadas desfrutar de unha actividade saudable, fomentan a actividade económica do lugar, promocionan os recursos naturais e etnográficos e axudar a socializar.
Saín atrás de todo moi tranquilo e deixándome ir para ir collendo sensacións de cómo estaba o corpo. Como era un perfil favorable puiden desfrutar correndo suave e sen esforzo e esto fíxome de bo quencemento para despois correr con esforzo (pero sin matarme) e sempre ao xeito. Con respecto ao calzado non tiven problema pois non había dificultade técnica algunha máis aló de saltar algunha pedra ou non clavar un chuzo.
Chegando ao mirador da fervenza había que ir facendo equilibrios ao longo dun canal artificial da condución da auga que quizáis era o máis dificil da ruta :P O canal incluso pasa por pequenos túneles excavados na rocha e supoño que serve para levar a auga (abondosa incluso a mediados de xullo) ate zonas de regadío na chaira adxacente. As vistas desde o mirador e a ponte na parte inferior son moi bonitas, así como o pequeno paseo ao longo do río que tanto se parece a outros que vemos en tantas carreiras. Correr cos arumes do laureiro e outras plantas, ao fresco da sombra de carballos, co son da auga que tamén corre ao teu lado, ... é moi agradable.
Falando do fresco hai que dicir que o día amenceu nublado e cunha temperatura perfecta para correr. Ao pouco de saír xa despexou e deunos o sol, que quentaba ben ao xeito (normal!) pero persoalmente non sentín agobio nin nada.
Na meta tiñan preparadas bebida, froita, empanada, tortilla, chourizo, queixo, ... que desparecían por arte de maixa nada máis chegar a mesa :D
A valoración da xornada foi totalmente positiva, coa ruta perfectamente sinalizada, con voluntarios e policía local nas estradas e cruces perigosos, avituallamento correcto nos puntos indicados, atención áxil na área administrativa, un speaker que non se me fixo pesado :P ...
Gustaríame suxerir, que non criticar, se fose posible entregar un plato con comida final a cada participante, pois cando hai buffet libre as persoas que chegan ao final teñen moitas dificultades incluso para comer unha peza de froita. Con uns tickets ou simplemente unha marca no dorsal pódese controlar quen recibeu unha bolsa ou un plato cun anaco de empanada e unha peza de froita. Esto non quita para que haxa unha mesa con auga e froita a libre disposición. Só é unha opinión.
Crédito foto superior para mrps, participante da andaina.
Comments
February 19, 2024 14:21
I admit, I have not been on this web page in a long time… however it was another joy to see It is such an important topic and ignored by so many, even professionals. I thank you to help making people more aware of possible issues. pl wniosek o wizę indyjską z chile
February 28, 2024 11:41
That is a top notch points in particular to help these fresh to blogosphere, small in addition to appropriate information… Appreciate it intended for giving this blog. Important understand document. καταλληλότητα για βίζα της Τουρκίας πολίτες της Κεντροαφρικανικής Δημοκρατίας
March 2, 2024 12:55
I really impressed after read this because of some quality work and informative thoughts . I just wanna say thanks for the writer and wish you all the best for coming!. Top Dryer Vent Cleaning Services Near Me
March 3, 2024 11:26
Great things you’ve always shared with us. Just keep writing this kind of posts.The time which was wasted in traveling for tuition now it can be used for studies.Thanks Local Service Company
March 4, 2024 11:01
I got what you mean , thanks for posting .Woh I am happy to find this website through google. Near Me