Gañei nun sorteo unhas Sandalias XeroShoes Z-Trail grazas a The Barefoot Runners Society e en agradecemento publico esta opinión sobre o produto enviado.
English Version
Previamente a recibir este par de sandalias preferín non ler ningunha opinión ao respecto delas para non estar influído de ningún xeito. Levo varios anos correndo descalzo 👣 e con sandalias (de outras marcas) polo que teño un criterio propio sobre o que eu lle pido a unhas sandalias. Na hora de inscribirme ao sorteo lin as características principais e o pequeno vídeo promocional.
Non recibín ningún tipo de indicación sobre qué escribir e simplemente fun convidado a opinar públicamente sobre as mesmas tras telas utilizado unhas semanas.
... pero xa levo máis de 250km con elas, correndo por todo tipo de terreo.
Correndo con sandalias tes os pés moito máis sanos, non pillas fungos, nen unllas negras, a pel está máis sana, aumentas a superficie de refrixeración do corpo ao expoñer máis pel ao ambiente (os pés teñen moitos vasos sanguíneos), melloras a propiocepción e equilibrio, fortaleces os nocellos, os dedos expándese de xeito natural permitindo un mellor aproveitamento da enerxía (eficiencia na zancada), etc. etc. etc.
Antes de probalas
das características que me pareceron destacables antes de probalas foron
- o sistema de suxeición, que non pasa por entre os dedos do pé.
- cintas planas
- peche con velcro
- footbed non deslizante
- o espesor da sola
sistema de suxeición
que combina cinta plana con velcro e non ten un cordón entre o primeira e segunda deda do pé. Esto para min é unha novidade, todas as que utilicei levan unha variante de este tipo de axuste.
O talón axusta moi ben, a cinta non se desplaza en absoluto hacia abaixo, non se sae. Lévala ao seu ser, sen apretar demasiado, e non roza nen deixa marca.
adaptadas ao pé
O meu antepé é bastante voluminoso, e algo diferente dun pé ao outro, polo que nas dúas ou tres primeiras saídas tiven que facer pequenos axustes para regular a presión, recorrendo a cinta, para deixala cómoda (sen apretar pero tampouco deixándoa frouxa).
No pé dereito, xusto no lugar onde pasa a cinta por enriba do dedo gordo a veces rózame un pouco. No esquerdo ben, pero neste pé tiven que utilizalas unhas cuantas veces xogando con deixala un pouco máis frouxa ou un pouco máis apretada, pero aínda así deixame algo de marca.
Debo dicir que os meus pés son bastante diferentes entre si e sempre me costa bastante atopar o axuste idóneo, equilibrado e coas mesmas sensacións en ambos.
Dito esto, correndo con calcetíns non tiven ningún tipo de problema de rozaduras.
Calcetíns
esta é unha das vantaxes de este sistema de suxeición, que podes utilizar calcetíns normais xa que a cinta non pasa entre os dedos.
Só os utilicei con elas un par de veces por probar, facía algo de frío e é moito máis agradable sentir o aire e o fresco nos pés.
superficie de contacto do pé
Semella suave e adherente (ou antideslizante). Esta característica é moi importante cando mollas os pés, para sentir estabilidade e seguridade en cada apoio.
o "footbed" é suave, e incluso mollado non sintes que resbala o pé
En superficies con pouco desnivel, incluso estando húmidos ou mollados, non sentín inestabilidade ou que esvarase o pé na sandalia, podía correr con confianza e sen esa sensación de que se che pode saír en calquera momento.
Non probei a correr en mollado en desnivéis importantes (>20%), pero incluso en seco non me sinto realmente seguro con esa inclinación. Esto é unha limitación técnica miña, non un defecto da sandalia per se.
taqueado da sola
combina diferentes zonas de goma para adaptarse a flexión do pé, e con un debuxo bastante marcado para mellorar o agarre.
debuxo da sola, onde se ven as zonas de diferente goma e os tacos. Imaxe XeroShoes
Correndo por enriba de pedras, lama, herba, asfalto, pedra solta, etc. non tiven ningún problema, agarran como unha zapatilla con taco semellante. Tampouco se lle pode pedir o que non pode dar, correr por lousas con limo en fortes pendentes (por dicir un exemplo) tamén sería perigoso cunha zapatilla convencional.
imaxe dun pinar con moita isca e algo de desnivel. Fun con xeito
Talle axeitado
Escoller o talle correcto foi moi doado seguindo as instruccións de este vídeo que Xero Shoes publica na súa web.
- hai que comprobar que imprimiches a plantilla a escala 100%.
- ver claramente o circuliño.
- escoller se che gusta que queden moi axustadas ou con algo de soltura.
Entre as dúas opcións eu pillei a máis grande por dúas razóns:
- non quería que me quedasen demasiado axustadas as cintas.
- ese par de milímetros de diferencia non vai influír en nada sobre o seu comportamento, pero ofrece un pouquiño máis de protección contra o risco de darlle unha patada a unha pedra e tamén ofrece un pouco máis de superficie de contacto que pode axudar a evitar un esvarón.
Resumindo
Correndo con estas sandalias teño a sensación de correr cunhas zapatillas que tivesen un upper mooooooi lixeiro, flexible e transpirable, que non limitase o movemento e expansión libre e natural do pé e especialmente dos dedos.
camiño con bastante pendente e pedra solta
Sen un desnivel forte que salvar serven para correr por calquera lugar, tendo en conta claro, que non levas proteción superior e se non ves onde pisas, onde pos o pé, a túa pel sería o primeiro no que batería un chuzo ou rozaría un con. Esto non é un problema, é unha característica.
Son bastante flexibles, pódense envolver, e permiten o movento do pe en todas as direccións. O teu corpo é quen se encarga do control de movemento, torsión, equilibrio, etc. como se foses descalzo.
aquí vese que flexionan de xeito natural como o pé
A protección contra o chan, debido ao grosor da sola, tamén me gustou. En este aspecto volto a comparalo a correr cunhas zapatillas convencionais (finas), pero por exemplo as NB Minimus Road deixan sentir moito máis o chan. Esto non é un defecto, así podes correr mellor por camiños do monte.
Problemas
o único problema que eu atopei foi que ocasionalmente, e probablemente cando teño que baixar bastante desnivel, rózame algo na zona superior do dedo gordo, sobre todo no pé dereito e prácticamente nada no esquerdo. Pode ser por un axuste diferente dos dous pés que non soupen igualar ou polo xeito diferente que teño de pisar con cada pé (un feito). Non tiven este problemiña indo facendo rutas con pouco desnivel.
Sobre a durabilidade das sandalias non podo opinar, pero as Nunche teñen unha sola similar e con máis de 2000km están gastadas pero non rotas, así que supoño que non haberá problema. Sobre o sistema de suxeición podo dicir que as cintas non creo que rompan (como si lle pasa a outras máis débiles) pero haberá que ver o que aguanta a inserción na sola. Non podo opinar ao respeto.
O nivel técnico e a forza da persoa corredora marcan o límite de onde poden ser utilizadas as sandalias. É a nosa responsabilidade.
Comentarios
Se tes algunha dúbida ou pregunta con respecto a estas sandalias podes preguntarme directamente ou no foro thebarefootrunners.
Grazas por ler esta reseña.
English Version
I was the winner of a pair of XeroShoes Z-Trail sandals thanks to The Barefoot Runners Society so I publish this opinion about them to say thank you in a way.
I've not read any review or opinion before using these sandals, I didn't want to be influenced or biased in any sense. I've just watched the promotional video Xero Shoes issued in their website. I've run barefooted 👣 and with sandals (from another brands) for many years so I think I'm experienced enough to have a formed opinion about what I consider relevant in this kind of product for my needs.
I was not dictaded about what to write and just invited to talk about them publicly after using them. And so I'm doing after more than 250km running in all variety of surfaces.
Running with sandals is good for your feet' health, you keep fungi at bay, no black nails, healthier skin, your body keeps cooler thanks to have more skin exposed to air (so can evaporate more sweat), you improve propiocepcion and balance, stronger anckles, your toes spread freely making you more stable and reactive, improving stride eficiency, etc. etc.
Before testing sandals
what I had found interesting about Z-Trail Sandals before using them was
- lace system, without string between your first to toes
- flat ribbon
- velcro strap
- smooth anti-slipping footbed
- sole thickness
lace system
Z-trail uses flat straps with velcro to adjust to foot. It has no ribbon between first and second toe to keep foot firmly attached to the sole, it relays on these flat strap from side to side and around your anckle. Using velcro lets you set how loose/tight you want to adapt sandals to feet.
lateral view, first day
On my right foot, where strap goes over my big toe, some times it made me some bruise. It did not happen on my left foot and I had to play around setting a proper fitting. It's quite usual these initial problems in my experience, even using normal shoes, because I have a diferent stride for both legs and my foot are not exactly equal either, so I have to spend a few days loosing/tightening to find the right balance.
socks
Of course, you can minimize these problem using socks. This is one big advantage of this lace system, because it has no ribbon/strap between toes so you can wear normal socks when weather is cold (or by preference).
Personally I just wear socks a couple of days to test how they feel and perform (no problems) and because it was quite cold so feet were warm. Most of the time I've run without socks.
footbed
It's soft and non slippery. This's very important when it's wet or rainning, you need to feel confident when you land on any kind of surface.
soft footbed, it feel grippy even wet
When running on not too steep trails, even wet I did not feel unstable or that feeling of foot getting outside the sole (slip).
I did not run downhill on steep trails (>20%) when rainning, but even if dry I don't have the strength and technique to do so. This is personal limitation, not from sandals.
ground contact
They have good grip overall kind of surfaces. I've run on pure rock trails, leafy grounds, wet tarmac, grass, ... they provide the same kind of grip than any other shoe with the same sole. No more, no less.
diferent parts to improve flexibility and adapt to feet's movement. Image XeroShoes.
You should be cautious and learn where your hability and technique allow you to run.
_imaxe dun pinar one do not run downhill here at the same speed if wet/dry
Size
it was easy to choose sandals' size following this video from Xero Shoes website.
- be sure you print at the right scale
- spot the circle
- choose if you prefer loose/tight fitting
I was in between two sizes (as usual) and I took the bigger one because:
- I don't feel comfortable when my feet are tightly boxed (tip: lacing system allows you to adjust with big margin on both sides)
- that extra milimiters give me a little bit of protection againts the risk of hitting a rock and give me a bigger plattform to increase ground contact and (hopefully) give more grip.
sumarizing
Running with these sandals I got the same feeling than running with a kind of shoe that has a ultralight, elastic and breathable upper. It does not restrict your movements, specially how your toes spread on them.
rocky trail, quite steep
Running with sandals, and barefooted, you have to be aware where your foot lands, you don't have that extra layer of protection a normal shoe gives, any debris, branch, rock will impact directly to your skin. This's not a problem, it's a feature.
Z-trail sandals are very flexible and allow feet to move freely in any direction. Your body works to do motion control, balance, etc. as you were running barefoot.
they flex WITH your feet
problems
I did not find any mayor issue so far. I don't know of course how long they will last, but having experience with other sandals (Nunche) with similar sole for sure more than 2000km. Lace system? I don't know neither, the straps seem to be strong, but I don't know how strong is the joint to the sole.
My only problem is the small bruise I got sometimes on my big toe, where the strap goes above it. I personally guess it is due to find the right balance of tightness need to run on flats, steep hills, etc. I could solve it inmediatly using socks, but I don't like using socks! Socks suck.
Our technical and strength level will determine where we can run with sandals. It's our responsability.
Comments
If you want to make any comment, suggestion, correction or add an opinion you can contact me at foro thebarefootrunners as XoseM or ask me here
Thank you.
GRAZAS a Xero Shoes 😘
Comments
April 30, 2024 12:25
I did so have fun with perusing content pieces circulated on this internet site. They’ve been awesome as well as a considerable amount of effective advice. Отидете на този сайт
February 19, 2024 14:02
With thanks to get furnishing recently available posts in connection with the dilemma, I actually look ahead to learn extra. πρέπει να δείτε μέρη Κεράλα για τους τουρίστες
February 28, 2024 11:12
Thanks for posting this info. I just want to let you know that I just check out your site and I find it very interesting and informative. I can’t wait to read lots of your posts. visto online per la turchia dal nepal
March 2, 2024 11:58
Its a great pleasure reading your post.Its full of information I am looking for and I love to post a comment that “The content of your post is awesome” Great work. Best Services
March 3, 2024 10:27
Thank you because you have been willing to share information with us. we will always appreciate all you have done here because I know you are very concerned with our. Commercial Air Duct Cleaning
March 4, 2024 10:18
I wanted to thank you for this excellent read!! I definitely loved every little bit of it. I have you bookmarked your site to check out the new stuff you post. Local Service Company